O Samsung Galaxy Note10+ 5G é o smartphone con mellores cámaras do mercado

martes, 13 de agosto do 2019 Marcus Fernández

Tras a presentación dos novos Samsung Galaxy Note10 resultaba curioso que non se desvelase a súa puntuación en DxOMark relativa ás súas cámaras, xa que é un argumento de grande peso á hora de colocar no mercado un novo smartphone, e finalmente publicáronse as análises da cámara traseira e da cámara frontal do Samsung Galaxy Note10+ 5G, conseguindo liderar ambos apartados, polo que temos que Samsung pode dicir coa cabeza ben alta que ten o smartphone coas mellores cámaras do mercado.
As probas ás que someteron ás cámaras do Galaxy Note10+ 5G confirman que os novos smartphones de Samsung coidan as súas cámaras pese a non introducir grandes cambios nas mesmas. Temos así que o Huawei P30 Pro, que empataba en cámara traseira co Galaxy S10 5G, vese por fin superado, aínda que por unha marxe minúscula, mentres que no que á cámara frontal se refire os móbiles de Samsung si levan tempo superando sobradamente aos de Huawei.
En DxOMark destacan que o Galaxy Note10+ 5G presenta nas súas cámaras unha grande calidade de imaxe e vídeo na meirande parte de condicións lumínicas, e consegue superar aos seus competidores máis directos, entre os que cada vez temos máis móbiles con Android de fabricantes como Huawei, OnePlus ou Xiaomi e, de feito, o iPhone Xs Max queda nun discreto 10º posto en cámara traseira e frontal, polo que Apple está lonxe de ser un referente en cámaras, de aí que vaia resultar a presentación dos novos iPhone o mes que vén, xa que a compañía da mazá está obrigada a incorporar novidades nas cámaras para non quedar totalmente atrás.

Vídeo no que dan conta da análises da cámara do Galaxy S10+ 5G

PUBLICIDADE