O Samsung Galaxy A8 terá un grosor de só 5,9 milímetros

mércores, 15 de xullo do 2015 Marcus Fernández

Samsung está a introducir no mercado chinés o que sería o seu smartphone máis delgado até o momento, o Galaxy A8, que cun grosor de só 5,9 milímetros conseguiría igualmente combinar deseño e potencia, converténdose nun dos terminais máis atractivos do mercado.
O Samsung Galaxy A8 ten unha pantalla Super AMOLED de 5,7 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles, procesador Qualcomm Snapdragon 615 de 8 núcleos, 2 GB de RAM, 16/32 GB de almacenamento interno ampliable mediante microSD, cámaras de 16 e 5 Mpíxeles, batería de 3.050 mAh e sistema operativo Android 5.1.1. Aparte do grosor e os acabados coidados, venderase en cor branca, negra ou dourada, conseguindo así incrementar o seu atractivo e adaptarse a distintos gustos, e o seu prezo será relativamente axustado ás súas prestacións e o seu corpo de metal, xa que espérase que saia á venda a 3.499 iuans (512,56 euros), quedando no aire cando teremos este terminal que parece estar a marcar a pauta para o futuro Galaxy Note 5.

O Samsung Galaxy A8 sairá á venda cun corpo metálico en tres cores distintas

PUBLICIDADE