O Samsung Galaxy A52s 5G terá un procesador Snapdragon 778G
martes, 17 de agosto do 2021
Dende Reino Unido anuncian hoxe o smartphone Samsung
Galaxy A52s 5G, unha interesante actuallización do Galaxy A52 5G que chega
agora cun procesador Qualcomm Snapdragon 778G. Este novo teléfono conta cunha
pantalla Super AMOLED de 6,5 polgadas, cunha velocidade de refresco de 120 Hz e
cun orificio central na súa parte superior para albergar unha cámara de 32 MpÃxeles,
mentres que na súa traseira conta cunha cámara cuádrupla cun sensor principal
de 64 MpÃxeles con enfoque automático, apertura f/1.8 e estabilización óptica
de imaxe.
Ao estar equipado con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento (ampliable mediante
tarxetas de até 1 TB) confÃan en que este teléfono sexa moi solvente. Tamén
conta con caracterÃsticas avanzadas como lector de impresións dixitais en
pantalla, Samsung Pay e resistencia IP67, á vez que a súa baterÃa de 4.500 mAh
conta con carga rápida a 25 watts.
Temos asà un dispositivo que parece moi próximo á gama alta de Samsung, que
está previsto que chegue ao Reino Unido o 3 de setembro, cando non resultarÃa
sorprendente que tamén chegase a España e outros paÃses europeos onde a familia
Galaxy A está a ter unha moi boa acollida comercial.