O Samsung GALAXY Tab 7.0 Plus funcionará con Android 3.2
venres, 30 de setembro do 2011
Samsung vén de
anunciar o lanzamento do GALAXY
Tab 7.0 Plus, un novo tablet con pantalla de 7 polgadas cunha pantalla de
1.024 x 600 pÃxeles, que supón unha importante renovación deste tipo de
equipos, que agora presentan un grosor de 9,96 milÃmetros e pesan 345 gramos,
polo que gozan dunha alta portabilidade, o que non está rifado co feito de que
o novo tablet conte cun procesador
de dobre núcleo a 1,2 GHz, o que permÃtelle gozar de Android 3.2 (mentres
que a meirande de tablets de 7 polgadas teñen que conformarse con Android 2.x).
O GALAXY Tab 7.0 Plus tamén permite reproducir contidos en Adobe Flash, goza de
conectividade HSPA+, baterÃa de 4.000 mAh, 16/32 Gb de memoria interna
(ampliable mediante tarxetas microSDHC de ata 32 Gb), Bluetooth 3.0, Wi-Fi N,
Wi-Fi Direct, USB 2.0, cámara de 3 MpÃxeles con flash e gravación de vÃdeo a
720p e incluso é capaz de reproducir vÃdeo en MKV a 1.080p. Comezará a súa
distribución a finais de outubro e o seu prezo será de aproximadamente 500
euros para o seu modelo con 16 Gb de capacidade.