O SME da Coruña actualiza as súas canles sociais

venres, 6 de setembro do 2019 Redacción

O Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña vén de actualizar as súas canles socio-tecnolóxicas, co obxectivo de fomentar a participación, a proximidade, a transparencia e, en xeral, a comunicación activa. A día de hoxe, o servizo informa que ten activas as súas contas en Facebook e Twitter a través dos perfís @EduCulturaCoruna e @EduCultuCoruna, respectivamente. “Trátase de dous espazos nos que se poden consultar todas as novidades do SME”, informa o departamento.
O servizo tamén lembra que a páxina web coruna.gal/educacion contén toda a información actualizada dos centros educativos e dos programas que está a desenvolver o SME, poñendo o foco nas seguintes seccións principais: programas, escolas infantís, novas e eventos (actualidade docente da Coruña) e multimedia. Entre outros recursos, tamén se achega un mapa das escolas infantís municipais.

PUBLICIDADE