O SHIFT 5+ será un smartphone modular que poderá funcionar con Windows ou Android

venres, 13 de novembro do 2015 Marcus Fernández

A promesa do smartphone modular continúa sen ser unha realidade palpable, pero cada vez hai máis compañías que se apuntan a este concepto, como a xermana Shift, que prevé comercializar no terceiro trimestre de 2016 o SHIFT 5+, un smartphone que poderá configurarse con Windows 10 ou Android 5.1, e que tamén terá partes modulares, de xeito que o usuario poderá configuralo cun procesador Qualcomm Snapdragon de 4/8 núcleos, máis de 2 GB de RAM, un mínimo de 32 GB de memoria interna, pantalla IPS de 5 polgadas, cámaras de 13 e 5 Mpíxles e batería de 2.500-3.000 mAh.
Prevese que o seu prezo de venda sexa de 444 euros, aínda que podería reservarse a partires de decembro por un prezo reducido, e estaría deseñado de xeito que sería doado cambiar a súa pantalla, a súa memoria interna, e practicamente calquera das súas partes, o que resultaría moi práctico en caso de rotura ou avaría ou, simplemente, para alongar a vida do terminal.

PUBLICIDADE