O Redmi 10 confirma as súas grandes prestacións a un prezo axustado

mércores, 18 de agosto do 2021 Marcus Fernández

A semana pasada Xiaomi publicou accidentalmente na súa páxina web detalles do seu vindeiro Redmi 10 que por fin son agora oficiais, achegando máis detalles dun dos móbiles económicos que promete ser un grande éxito de vendas na segunda metade do ano.
Agora confírmase que o Redmi 10 será un smartphone con pantalla Full HD+ de 6,5 polgadas con refresco adaptable de até 90 Hz, procesador MediaTek Helio G88, 4/6 GB de RAM, 64/128 GB de almacenamento, cámara frontal de 8 Mpíxeles, cámara traseira cuádrupla cun sensor principal de 50 Mpíxeles e un sensor ultra grande angular de 8 Mpíxeles, altofalantes estéreo, porto para auriculares, lector de impresións dixitais lateral, NFC e incluso unha xenerosa batería de 5.000 mAh con carga rápida a 18 watts e carga inversa por cable a 9 watts.
Continuamos sen saber as condicións nas que chegará a España, pero agora xa sabemos que o seu lanzamento oficial está previsto para o 20 de agosto a un prezo de 179, 199 e 219 dólares para os modelos con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento, 4 GB de RAM e 128 GB de almacenamento e 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento respectivamente.
Resulta bastante abraiante ver como un móbil que debería de considerarse de entrada realmente ten prestacións que até hai pouco só podiamos ver en móbiles de alta gama, como cámara de 50 Mpíxeles ou a posibilidade de realizar pagamentos móbiles, e se sumamos á ecuación detalles como unha batería de alta capacidade e unha boas opcións sonoras complétase un dispositivo que demostra que os móbiles sen 5G aínda teñen moito dicir.

PUBLICIDADE