O Profesor Layton e Phoenix Wright compartirán videoxogo na Nintendo 3DS
martes, 19 de outubro do 2010
O estudo de
videoxogos Level-5 anunciou un novo título para a futura Nintendo 3DS que
sorprendeu por tratarse dun crossover
de dúas sagas tan coñecidas coma dispares: as do profesor Hershel Layton e o
avogado Phoenix Wright. O novo título estaría a desenvolverse en colaboración
con Capcom, e metería nun único xogo os puzzles
e a investigación criminal, características propias de cadansúa franquía,
empregando unha fórmula máis propia das series de televisión (sector no que en
moitas ocasións cruzan tramas para arrastrar audiencias dun programa a outro).
Professor
Layton vs Ace Attorney sería así un título bastante atípico, pois
mesturaría xéneros bastante diferentes, empregando coma desculpa para este
cruce de camiños na cidade de Labyrinth City, onde Phoenix Wright debe defender
ao seu cliente dunha acusación de bruxería mentres que buscan a captura dun
malvado con poderes máxicos que é capaz de facer realidade todo o que escribe.
Vídeo de adianto do novo xogo de Level-5