O Porto de Vigo acolle esta semana unha xornada sobre o seu revolucionario proxecto 5G
mércores, 18 de maio do 2022
O
Porto de Vigo vai dar esta semana un paso decisivo na súa
transformación nunha contorna segura, conectada e monotorizada con
tecnoloxías intelixentes. En concreto acollerá este xoves 19 (ás
17.00 horas) a demostración de uso da súa rede 5G que inclúe un
sistema avanzado de vixilancia, un despregue de drons con cámaras de
moito alta resolución, e a aplicación de técnicas de análise de
intelixente de vídeo para detectar a presenza de persoas en zonas
non autorizadas (técnicas con capacidade de xerar alarmas en tempo
real de xeito automático). Este piloto foi desenvolvido pola
operadora de telecomunicacións Orange, o centro galego Gradiant e o
fabricante Ericsson.
A
demostración contará coa asistencia de diversos representantes da
Xunta de Galicia, de Red.es, da autoridade portuaria e das empresas
desenvolvedoras.
As
vantaxes da 5G
En
palabras de Orange, este sistema aproveita as vantaxes da rede 5G
para “mellorar e estender a cobertura das comunicacións entre as
aeronaves non tripuladas e o centro de control en terra, ademais de
optimizar a transmisión de imaxes”. Amais, engade a compañía, o
uso de Intelixencia Artificial para a análise de vídeo permitirá a
ese sistema de seguridade detectar persoas non autorizadas e xerar
avisos en tempo real que alerten ao centro de control de posíbeis
intrusións. “Grazas á rede 5G conséguese unha latencia mínima
e unha gran fiabilidade para a transmisión de datos, dous parámetros
esenciais para a toma de decisións autónomas en operacións con
drons”, apunta Orange, poñendo o foco noutro dos puntos fortes do
sistema: a súa capacidade para explotar as capacidades de
computación das redes 5G, a través do Multi-access Edge
Computing (MEC, un servidor situado moi próximo á rede) que
permiten reducir a latencia no procesado de imaxe fronte a unha
solución despregada na nube.
Este
proxecto enmárcase no Plan Nacional 5G, o programa para o
desenvolvemento de proxectos piloto de tecnoloxía 5G que executa
Red.es, impulsado polo Ministerio de Asuntos Económicos e
Transformación Dixital e co-financiado co Fondo Europeo de
Desenvolvemento Rexional (FEDER) e a través da UTE formada por
Cinfo, Orange, Gammera Nest e Optare Solutions.
Quen
queira máis información do proxecto tena
na web habilitada pola operadora arredor dos proxectos 5G da nosa
terra.