O Polaroid Selfie plaxia a cámara xiratoria do Oppo N1

venres, 9 de xaneiro do 2015 Marcus Fernández

Esta semana no CES de Las Vegas puido verse un novo smartphone que está a crear bastante rebumbio, o Polaroid Selfie, un terminal con pantalla IPS de 5,5 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles, procesador de oito núcleos, 2 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno e sistema operativo Android 5.0, que como principal característica ten unha cámara xiratorio de 13 Mpíxeles que poden empregarse para sacar fotografías tradicionais ou para auto-fotos, que a simple vista parece unha versión económica do Oppo N1.
Este novo teléfono pretende iniciar a súa comercialización en primavera, cando menos en EE.UU. e Canadá, pero dende Oppo xa aseguran estar a estudiar se tomarán medidas legais contra este produto que sorprende por ser un plaxio dunha compañía chinesa dende EE.UU., cando estamos afeitos a ver xusto o contrario.

Pese a que o Oppo N1 teña máis dun ano (e conte xa co Oppo N3 para sucedelo), continúa a ser superior tecnicamente ao prototipo de Polaroid

PUBLICIDADE