O Poco M2 quere converterse no vindeiro móbil económico de éxito na India

martes, 8 de setembro do 2020 Marcus Fernández

A poucas horas a presentación do Poco X3 NFC dende Xiaomi sorprenderon anunciando un novo móbil da mesma marca para a India, o Poco M2, un teléfono que apunta a un público máis xeral, cun prezo moi contido, xa que o modelo con 6 GB de RAM e 64 GB de almacenamento poderá mercarse por 10.999 rupias (127 euros) e con 128 GB de almacenamento o prezo sube até as 12.499 rupias (144 euros).
Este teléfono cunha pantalla Full HD+ de 6,53 polgadas, procesador MediaTek Helio G80, cámara traseira cuádrupla cun sensor principal de 13 Mpíxeles, cámara frontal de 8 Mpíxeles nunha pestana superior central, resistencia ao po e salpicaduras e unha enorme batería de 5.000 mAh con carga rápida de 18 watts podemos velo directamente como unha actualización do Redmi 9, que limita a súa configuración a 3/4 GB de RAM e 32/64 GB de almacenamento.
Este novo smartphone sairá á venda na India o vindeiro día 15, resultando bastante difícil que vaia venderse oficialmente en España, xa que aquí a marca Poco non se está a empregar en dispositivos de gama media-baixa.

PUBLICIDADE