O PlayStation Phone está máis preto de converterse en realidade
mércores, 27 de outubro do 2010
- O PlayStation Phone serÃa un móbil con Android 3.0 de Sony Ericsson que estarÃa optimizado para uso lúdico
A xente de
Engadget está a recuperar un rumor que leva anos circulando, e que implicarÃa
que a nova consola portátil de Sony poderÃa ser un móbil que polo momento dan
en chamar PlayStation Phone (do que eles mesmos xa daban
detalles en agosto), e que buscarÃa chegar ao mercado cando estea
dispoñible o Android 3.0 integrando un Sony Marketplace personalizado no que
estarÃan dispoñibles multitude de xogos, buscando asà tirar proveito do
aprendido co lanzamento e fracaso da PSP
Go.
O novo dispositivo, actualmente en fase de
prototipo (do que achegan multitude de imaxes), terÃa un procesador
Qualcomm MSM8655 a 1 GHz, 512 Mb de RAM, 1 Gb de ROM, pantalla multi-táctil de
entre 3,7 e 4,1 polgadas e lector de tarxetas de memoria microSD (en vez das
tradicionais Memory Stick de Sony).
O prototipo desvelado por Engadget aÃnda non terÃa unha coidada interface de
usuario, non ofrecendo sequera unha personalización como a que presentan os
móbiles Sony Ericsson Xperia X10, polo que parece ser que deberemos agardar a
2011 para velo no mercado.
Tras a publicación das imaxes do prototipo, moitas foron as voces que
aseguraban que estabamos ante unha falsa filtración, pero dende
Engadget aseguran que a súa información é fiable, e foi confirmada por
múltiples fontes de confianza, o que ten certa credibilidade se atendemos a
filtracións pasadas publicadas polo mesmo blog.