O Plan de Banda Larga 2020 achegou Internet de alta velocidade a máis de 1.800 PEME galegas
mércores, 5 de xuño do 2019
A mellora da conectividade do tecido empresarial é unha das
liñas de actuación do Plan de Banda Larga 2020, que posibilitou o acceso a redes
de até 600 Mbps a máis de 1.750 empresas de 81 polÃgonos industriais e outras
máis de 80 situadas fóra destas áreas.
A
AMTEGA vén de adxudicar as axudas da última convocatoria para empresas illadas,
da que se beneficiaron un total de 51 empresas de 33 concellos distintos. Cun
importe total de 588.000 euros a Axencia autonómica subvenciona entre o 70 e o
100% dos gastos necesarios para que as empresas teñan acceso a redes de entre
30 e 600 Mbps.
Na primeira convocatoria investÃronse preto de 400.000 euros
cos que se mellorou o acceso á Internet doutras 31 empresas. En total, A AMTEGA
destinou preto de 1 millón de euros en axudas para empresas, fundamentalmente
de zonas rurais, con especiais dificultades para acceder a conexións
ultrarrápidas. Estas axudas están financiadas polo Fondo Europeo AgrÃcola de
Desenvolvemento Rural (FEADER), xunto con fondos da Comunidade Autónoma de
Galicia e da Administración xeral do Estado.
Máis de 130 polÃgonos con máis de 100 Mbps
A primeira medida do Plan foi a mellora da conectividade nos
polÃgonos industriais. En colaboración co operador R facilitouse a cobertura de
redes de 350Mbps a 81 que albergan a máis de 1.750 empresas. Para conseguilo
instaláronse un total de 55 centrais de cabeceira de fibra óptica que permiten,
non só atender aos polÃgonos, senón tamén estender estes servizos de banda
larga ultrarrápida ás poboacións próximas a estas centrais.
Estes 81 polÃgonos cubertos, sumados aos que xa dispoñÃan de
cobertura ou foron cubertos polos operadores, fan un total de 131 polÃgonos con
acceso a redes de máis de 100 Mbps, que concentran o 93% da superficie
empresarial ocupada.
Ademais, as empresas dos polÃgonos cubertos no Plan teñen
acceso a servizos avanzados de R como os de industria 4.0 e servizos da chamada
Internet das Cousas (IoT) relacionados coa eficiencia enerxética, control de
intrusións nas edificacións, servidores virtuais e analÃtica de datos (Big
Data), entre outros, integrándoos en centros de datos profesionais, coma se
formasen parte da rede local da empresa.
Estas actuacións contribúen a eliminar a barreira existente
á hora de contratar servizos axeitados de alta velocidade por parte das
empresas e autónomos situados en zonas illadas que non dispoñen desta
cobertura. Nos últimos catro anos incrementáronse en máis dun 72% as
contratacións de servizos de máis de 30Mbps entre as PEME e as grandes empresas
galegas.