O Parlamento aproba a primeira Lei de telecomunicacións de Galicia
martes, 14 de maio do 2013
- O Presidente acudiu hoxe ao pleno da Cámara galega
A Lei de impulso e ordenación das infraestruturas e
telecomunicacións de Galicia, que converte ás telecomunicacións nun servizo de
primeira magnitude, garantindo o seu desenvolvemento de xeito máis coordinado,
con maior planificación e máis anticipación, recibiu
hoxe o visto e prace do Parlamento de Galicia, de xeito que a nosa
comunidade autónoma serÃa a primeira do Estado en apostar por unha iniciativa
de tal envergadura, para complementar á normativa estatal e coa que evitarase a
duplicidade de esforzos e investimentos nas administracións públicas.
A nova lei obrigará aos operadores e as administracións públicas a remitir
información sobre os plans de despregamento executados ou previstos. En base a
esta información elaborarase o primeiro Mapa
de Infraestruturas de telecomunicacións de Galicia, que evitará a
superposición de iniciativas aos operadores privados e concellos e permitirá
establecer un plan de despregamento coordinado e en base a necesidades reais.
A lei garantirá que toda vivenda que se constrúa contará coas infraestruturas
mÃnimas para a incorporación dos servizos do Fogar Dixital. Esta medida
facilitará a introdución nos fogares galegos de novos servizos socio-sanitarios,
unha mellor eficiencia enerxética, unha maior seguridade, servizos de
teleasistencia, etc. o que levará consigo unha mellora na calidade de vida do
cidadán e un achegamento aos servizos públicos. Do mesmo xeito que suporá un
importante impulso ao sector tecnolóxico de Galicia (instaladores, fabricantes...).
Por último, a Lei contempla a creación dun Consello Asesor para as
Telecomunicacións e o Desenvolvemento Dixital de Galicia, coa conseguinte
desaparición do actual Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de
Galicia, que se configurará como un órgano de estudo, asesoramento e apoio ao
Goberno da Xunta de Galicia na definición e execución das polÃticas de
telecomunicacións.
Establécese a obriga de que a Rede Dixital de Seguridade e Emerxencias da Xunta
de Galicia sexa de uso obrigatorio por todos os organismos autonómicos que o
precisen. Esta rede permitirá optimizar os custos fronte a situación actual.