O PP pedirá a reformulación da rede WiMAX do casco histórico compostelán

xoves, 22 de outubro do 2009 Marcus Fernández

A Concellaría de Rehabilitación de Compostela puxo en funcionamento unha rede WiMAX no casco histórico da capital de Galicia para dar servizo da banda larga sen fíos aos cidadáns, para o que asumiron un custo de instalación de 470.000 euros, aos que habería que sumar 20.000 euros anuais para a xestión, mantemento e explotación da rede (a través da empresa Baudia), o que é desproporcionado se temos en conta que só conseguiron captar a 2 clientes nos meses que leva en funcionamento, o que levou ao concelleiro popular Ángel Espadas a solicitar información sobre o servizo, dando a entender que é precisa unha reformulación do mesmo, para poder rendibilizar a infraestrutura instalada. Por iso, o PP pedirá no vindeiro pleno municipal a revisión das tarifas da rede WiMAX municipal.

PUBLICIDADE