O Office 2008 para Mac retrásase ata xaneiro de 2008

venres, 3 de agosto do 2007 Marcus Fernández

No pasado mes de marzo Microsoft anunciara que o seu Office 2008 para Mac estaba xa na súa fase de probas, o que daba a entender que a saída do novo paquete ofimático para equipos Apple chegaría no outono, pero agora aseguran que ata xaneiro de 2008 non sairá ó mercado unha versión definitiva, pois os cambios da aplicación para que sexa binaria universal (ou sexa, que se execute de xeito nativo nos últimos Mac con procesador Intel) están a resutar complexos.
O novo paquete ofimático pretende dar un cambio moi importante na súa interface de uso dende a anterior versión para Mac (o Office 2004) como tamén pasou co Office 2007 para Windows con respecto do Office 2003.

PUBLICIDADE