O Nokia Oro apostará pola ostentación como reclamo

mércores, 25 de maio do 2011 Marcus Fernández

Aínda que nos últimos tempos Nokia está a pasar desapercibida entre os móbiles de alta gama, a compañía non quere perder aos clientes de alto poder adquisitivo, e así presentan o seu novo Nokia Oro, un smartphone que vai chegar ao mercado no terceiro trimestre do ano ao escandaloso prezo de 800 euros (libre).
Estamos ante un móbil pentabanda baseado en Symbian, cunha pantalla AMOLED de 3,5 polgadas, Wi-Fi e unha cámara de 8 Mpíxeles capaz de gravar vídeo en alta definición a 720p, ou sexa, na mesma liña que outros terminais de Nokia, só que desta volta será o seu acabado o que marque a diferenza. O Nokia Oro está bañado en ouro de 18 quilates, preparado para que sexa resistente aos roces e unha parte traseira de coiro. Tamén poderá mercarse en cor branca ou negra e inclúe un auricular sen fíos a xogo para realizar chamadas coas mans libres.


O Nokia Oro en detalle

O Nokia Oro conta cunha cámara de 8 Mpíxeles capaz de gravar vídeo a 720p
O Nokia Oro tamén está dispoñible en cor negra
O luxoso móbil inclúe un mans libres sen fíos

PUBLICIDADE