O Nokia N810 WiMAX Edition comezará a venderse no verán
mércores, 2 de abril do 2008
Cumprindo co agardado, Nokia anunciou unha nova versión do seu
N810 que incorpora contectividade WiMAX pensando no espallamento deste tipo de
redes sen fÃos nos EE.UU., onde se
comezará a vender este MID este verán.
O Nokia N810 é un dispositivo cunha pantalla táctil de 4,13 polgadas, un
teclado deslizante QWERTY, unha webcam integrada, navegador web baseado en
Mozilla, GPS, reprodutor multimedia, 2 Gb de memoria interna e un lector de
tarxetas microSD. O seu modelo normal pode conectarse á Rede a través de Wi-Fi
ou a través dun móbil (vÃa Bluetooth) pero agora tamén será compatible con
WiMAX nesta nova edición.
O Nokia N810 WiMAX
Edition achega unha experiencia de uso da Internet que ata o momento só se
podÃa agardar dun ordenador completo, permitindo utilizar aplicacións de VoIP
(mesmo Skype), Google Talk ou ver contidos en Flash.