O Nokia N8, tamén en rosa
luns, 2 de maio do 2011
- A nova cor pretende facer o terminal máis atractivo para o público feminino
A oferta de novas cores ten demostrado en numerosas ocasións
a dinamización das vendas en produtos de electrónica de consumo (sendo o
exemplo máis recente o do iPhone 4 de cor
branca) e tendo iso en conta Nokia vén de anunciar que o seu
móbil Nokia N8 vai estrear modelo en rosa, compartindo as caracterÃsticas
dos seus predecesores (como a cámara de 12 MpÃxeels e a gravación de vÃdeo en
alta definición).
O Nokia N8
xa estaba dispoñible en distintas cores (gris escuro, branco/prata, laranxa,
azul e verde) e a deseñadora senior Rachael Bell asegurou que «seguindo coa fantástica resposta ao abano
de cores no que lanzamos o Nokia N8, parecÃa un paso natural estender a súa
elección».
Polo momento dende Nokia non comentan a data na que o novo terminal chegará ao
mercado, pero é de agardar que estea dispoñible en poucas semanas.