O Nokia Lumia 900 ve a luz en Las Vegas
martes, 10 de xaneiro do 2012
Cumprindo coas expectativas, o CES de Las Vegas foi o
escenario elixido por Nokia e Microsoft para anunciar o novo membro da familia
Lumia, un terminal que chegará aos EE.UU. da man de AT&T e que incorporará
conectividade LTE (con descargas ata a 50 Mbps) como elemento diferencial. O Nokia
Lumia 900 funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon APQ8055 + MDM9200 a
1,4 GHz, ten 512 Mb de RAM, cámara de 8MpÃxeles, elementos polos que
serÃa igual que o Lumia 800, pero hai unha grande caracterÃstica externa que
distingue ambos modelos: a pantalla AMOLED ClearBlack de 4,3 polgadas cunha
resolución de 800 x 480 pÃxeles coa que conta o Lumia 900. Tamén cómpre destacar que o Lumia 900 conta cunha cámara frontal de 1 MpÃxel para realizar videoconferencias, caracterÃstica ausente en boa parte dos terminais con Windows Phone.
Para compensar a
pantalla de maior tamaño tamén pasa incorporar unha baterÃa de 1.840 mAh, coa
que promete 7 horas de conversa e 300 horas en espera.
Presentación do Nokia Lumia 900 durante o CES de Las Vegas
- Inicialmente o Nokia Lumia 900 só estará dispoñible en negro e azul ceo
- O Lumia 900 conta cunha cámara de 8 MpÃxeles con óptica Carl Zeiss