O Nokia Guru poderÃa facilitar a reprodución musical mediante Bluetooth e NFC
luns, 21 de outubro do 2013
A poucas horas da celebración do Nokia World en Abu Dhabi, fÃltrase
unha imaxe do que dan en chamar Nokia Guru, e que serÃa algo semellante a
un reprodutor multimedia iPod shuffle, pero con NFC, o que poderÃa ser un receptor
musical sen fÃos pensado para operar cos smartphones Nokia Lumia dun xeito
doado, pois poderÃan enlazarse cos móbiles con só entrar en contacto cos
mesmos.
Este accesorio musical poderÃa servir para levar enriba durante a práctica
deportiva, podendo ter o móbil nun peto ou nunha riñoneira sen a incomodidade que supoñen outras solucións como
brazaletes para ter o terminal preto da cabeza e facilitar asà o uso de
auriculares.
Nokia xa tiña no seu catálogo receptores Bluetooth para auriculares, como o
BH-214 ou o BH-111, que hai tempo que foron esquecidos pola compañÃa, polo que
con este novo accesorio poderÃa recuperarse este concepto potenciándoo coas
posibilidades que abre a tecnoloxÃa NFC e adoptando as cores caracterÃsticas da
familia Lumia.