O Nokia 500 aposta polas carcasas de cores e o S.O. Symbian Anna

luns, 1 de agosto do 2011 Marcus Fernández

O Nokia 500 incluirá 3 carcasas de cores intercambiables

Pese a que Nokia ten a vista posto no Windows Phone 7, continúa a lanzar smartphones con outros sistemas operativos, como o novo Nokia 500, que funciona con Symbian Anna, e trátase dun terminal que busca ter un prezo reducido (venderase libre a 150 euros) e que estará dispoñible no último trimestre do ano.
Externamente o Nokia 500 é un móbil que destaca pola súa aposta cromática (inclúe 3 carcasas intercambiables de distintas cores), ten unha pantalla táctil de 3,2 polgadas cunha resolución de 640 x 360 píxeles, cámara de 5 Mpíxeles, procesador a 1 GHz, 2 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb, banda larga móbil ata a 5,8 Mbps, Bluetooth 2.1, Wi-Fi, radio FM, GPS (inclúe Nokia Mapas), reprodutor musical completado cun receptor de radio FM e unha aplicación para acceder a emisoras en liña e mesmo unha aplicación para conectarse coas nosas redes sociais.
Este novo terminal mide 111,3 x 53,8 x 14,1 milímetros, pesa 93 gramos e, pese a ter unha potencia considerable, mantén a súa autonomía en 5-7 horas en conversa e máis de 450 horas en espera (como reprodutor musical pode aguantar ata 35 horas seguidas).


Presentación en vídeo do novo Nokia 500

O novo móbil de Nokia destacará pola súa diversidade cromática

PUBLICIDADE