O Nokia 3310 poderÃa volver ao mercado
martes, 14 de febreiro do 2017
O Mobile World Congress vai servir de escenario para coñecer
os plans de futuro de HMD Global Oy coa súa marca Nokia, máis aló do Nokia
6 que polo momento só se comercializará en China, e xa hai rumores que
apuntan a varios teléfonos móbiles como serÃan os smartphones Nokia 3 e Nokia 5
e un teléfono básico que pilla a moitos por sorpresa, xa que serÃa unha
reedición dun clásico, o Nokia 3310, terminal moi básico que custarÃa 59
euros e estarÃa claramente orientado a usuarios que precisen dun teléfono
simplemente para estar localizables.
Nokia ten previsto presentar os novos dispositivos o vindeiro dÃa 26 en
Barcelona, e mentres do Nokia 3 coméntase que estariamos ante un teléfono con
Android de entrada que custarÃa 149 euros,
sobre o Nokia 5 dan máis detalles, como que terÃa unha pantalla de alta
definición de 5,2 polgadas, 2 GB de RAM e cámara de 12 MpÃxeles, ou sexa, que
serÃa unha versión económica do Nokia 6 (custarÃa 199 euros, o que suporÃa unha
diferenza de prezo duns 50 euros).