O Nexus One estrea soporte para o coche

xoves, 8 de abril do 2010 Marcus Fernández

Este mes chegará oficialmente ao mercado español o popular móbil Nexus One, demora que será premiada co feito de que o terminal chegará acompañado de distintos accesorios dispoñibles na tenda en liña de Google, coma un soporte para levar o móbil no coche, que xa pode adquirirse nos EE.UU. por 55 dólares, e que vai máis aló dun simple adaptador para fixar o terminal no vehículo, pois facilita a carga da súa batería e integra conectividade Bluetooth, para facilitar o seu uso coma mans libres ou para a navegación GPS.
O soporte pode instalarse no salpicadeiro do coche ou no parabrisas e deberá conectarse ao acendedor do vehículo no caso de querer empregarse coma cargador do Nexus One. Inclúe altofalantes e controis de volume, e o seu uso combínase cunha aplicación para o móbil, de carga automática, que facilita o acceso a Google Maps, a navegación GPS, a busca por voz, os contactos e a música dende o coche.

PUBLICIDADE