O Motorola Milestone chegará a España en maio

luns, 15 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

O Motorola DROID chegou aos EE.UU. coma o primeiro móbil con Android 2.0, conseguindo unhas vendas moi superiores ás do Nexus One promovido por Google, e agora prepara a súa chegada a España no mes de marzo baixo o nome de Motorola Milestone incorporando a versión 2.1 de Android.
Este terminal ten unha pantalla multi-táctil de 3,7 polgadas cunha resolución de 854x480 píxeles, procesador Cortex A8, cámara de 5 Mpíxeles con flash LED dual (capaz de gravar vídeo a 720 x 480 píxeles, o que vén a ser comparable a un DVD), Wi-Fi, Bluetooth, GPS, compás dixital, e teclado QWERTY, que no mercado español venderase libre por 500 euros.
Pese a ter un teclado deslizante, o Motorola Milestone é capaz de manter o seu grosor en só 13,7 milímetros; tamén destaca tamén chegará ao mercado cunha base multimedia que permite utilizar o móbil coma se fose un reloxo-espertador, reprodutor multimedia e marco de fotografías dixital.

PUBLICIDADE