O Moto G9 Plus aposta por unha batería de 5.000 mAh

venres, 11 de setembro do 2020 Marcus Fernández

Motorola continúa a incorporar ao seu catálogo smartphones de gama media moi interesantes, como o novo Moto G9 Plus, que estes días sae á venda no Brasil a un prezo de 2.249,10 reais (357 euros), aínda que unha filtración de Orange Francia indicaría que no mercado europeo venderíase a 235 euros (cómpre lembrar que no Brasil hai grandes imposicións aos produtos de electrónica de consumo que non se fabrican localmente).
O Moto G9 Plus é un smartphone con pantalla Full HD+ de 6,8 polgadas con soporte de HDR10, procesador Qualcomm Snapdragon 730G, 4 GB de RAM, 128 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 512 GB), cámara traseira cuádrupla cun sensor principal de 64 Mpíxeles (capaz de gravar vídeo en 4K) e un ultra grande angular de 8 Mpíxeles, cámara frontal de 16 Mpíxeles nun orificio en pantalla, NFC, Bluetooth 5.0, Wi-Fi AC e batería de 5.000 mAh con carga rápida de 30 watts. Un produto claramente enfocado para quen busca un móbil 4G cunha boa autonomía e queira fuxir das típicas capas de personalización de Android habituais en certos fabricantes chineses.

PUBLICIDADE