O Mobile World Congress establece máis restricións para mitigar a fuxida de asistentes
luns, 10 de febreiro do 2020
Pese ás medidas anunciadas pola organización do Mobile World
Congress de Barcelona para protexer aos asistentes ante a ameaza da epidemia do
coronavirus de Wuhan, hai compañÃas que están a anunciar que non acudirán ao
evento máis relevante do sector a nivel mundial, e aÃnda que a
ausencia de LG tivese pouca importancia (por ser unha compañÃa que ten
pouca relevancia no sector actualmente), que se sumen outras compañÃas pode
crear certa desconfianza, de aà que a GSMA decidise reforzar aÃnda máis as
medidas antes adoptadas, e veña de anunciar que non
permitirá a asistencia ao MWC de viaxeiros que veñan da provincia de Hubei,
que todos os viaxeiros que estivesen en China demostren que levan máis de 14
dÃas fóra de tal paÃs, os asistentes terán que certificar que non estiveron en
contacto con ningún infectado e incluso establecerán medidas de medición da
temperatura corporal no recinto.
Estas fortes restricións chegan despois de que nVIDIA,
Sony e Amazon asegurasen que non acudirán a Barcelona por seguridade, aÃnda que
cómpre salientar que non son compañÃas especialmente relevantes no sector móbil
ou, cando menos, que estivese previsto que realizasen grandes anuncios durante
o MWC.
AÃnda que nVIDIA ten desenvolvementos en intelixencia artificial, redes móbiles
virtualizadas e 5G, o MWC non é o foro que emprega habitualmente para amosar as
súas innovacións ao mundo (tende a facelo en feiras de videoxogos e encontros
como a feira IFA de BerlÃn); e que Amazon
non vaia estar presente no MWC tampouco é algo que pareza traumático, xa
que a compañÃa de Jeff Bezos non emprega a feira como plataforma para os seus
grandes anuncios, senón como un escaparate para a comercialización dos seus
servizos de computación na nube (AWS). Pero o caso de Sony
resulta máis rechamante, xa que a compañÃa, que actualmente ten unha cota do
mercado de smartphones insignificante, tendÃa a presentar en Barcelona os seus
móbiles insignia (pese que tardasen meses en chegar ao mercado e contasen cunha
distribución moi cativa, como
aconteceu o ano pasado co Xperia 1). Como alternativa, Sony asegura que vai
empregar a súa canle de YouTube
para realizar os anuncios que tiña programados para o Mobile World Congress.
Outra compañÃa moi ligada a Sony no pasado, Ericsson, tamén anunciou que non asistirá ao evento de Barcelona.