O Mi Note 10 chegará a España o dÃa 15 a 549 euros
mércores, 6 de novembro do 2019
Tras detallarse
onte todas as especificacións do Mi CC9 Pro en China, preséntase este mesmo
teléfono hoxe en España como Mi Note 10, o primeiro smartphone con pentacámara
de 108 MpÃxeles do mercado, que tamén presume da súa pantalla AMOLED curva de
6,47 polgadas e dunha baterÃa de 5.260 mAh con carga rápida de 30 watts, que é
un produto moi atractivo e interesante, pero que non chegará ao noso mercado a
un prezo equiparable ao do mercado chinés, onde a versión con 6 GB de RAM e 128
GB de almacenamento custa ao cambio 361 euros, mentres que no noso mercado este
terminal venderÃase a partires do 15 de novembro a 549 euros. Tamén haberá un
modelo Pro a 649 euros, que entendemos que será a versión con 8 GB de RAM e 256
GB de almacenamento que en China véndese por 451 euros ao cambio.
Os prezos españois destes novos móbiles poden decepcionar a moitos usuarios,
afeitos a que nos últimos meses a diferenza de prezo entre os produtos de
Xiaomi entre China e España fose o suficientemente reducida como para non recorrer
á importación directa.
- O Mi Note 10 chegará a España o vindeiro dÃa 15 en 3 cores diferentes