O Messenger estrea modo escuro

martes, 16 de abril do 2019 Marcus Fernández

Cada vez é máis popular contar con modo escuro en distintas aplicacións, tanto móbiles como de escritorio, por supor unha maior relaxación para a vista e incluso un aforro enerxético no caso de contar con dispositivos con pantallas AMOLED, e a última aplicación en sumarse á tendencia é o Messenger de Facebook, que por fin pode activarse a través dun conmutador no apartado de configuración da aplicación, de xeito que tanto podemos optar por empregar esa configuración con cor de fondo negra constantemente como podermos só activala cando nos resulte máis agradable para a vista.
Aínda que o modo escuro está deseñado pensando en cando teñamos o smartphone nun contorno con pouca luz (para que non nos moleste o brillo da pantalla) non resulta mala idea a súa utilización de xeito predeterminado, xa que está comprobado que en moitos smartphones pode ter un impacto considerable na duración da batería.

PUBLICIDADE