O Meizu PRO 6 preséntase cunha pantalla de 5,2 polgadas

mércores, 13 de abril do 2016 Marcus Fernández

O Meizu PRO 5 foi un smartphone realmente ambicioso, ao chegar ao mercado cun prezo moi competitivo e cunhas especificacións que o permitían compararse cos alta gama de Samsung e, de feito, Antutu colocábao como o smartphone máis potente do mercado, e o seu sucesor é un paso interesante para motos, xa que pasa dunha pantalla de 5,7 polgada a unha máis discreta e ergonómica pantalla de 5,2 polgadas, con tecnoloxía Super AMOLED, resolución Full HD e protección Gorilla Glass 3, de xeito que repite a xogada de conter a resolución para conseguir un bo desempeño e unha boa autonomía.
O Meizu PRO 6 funciona cun procesador Helio X25 de 10 núcleos, está equipado con 4 GB de memoria LPDDR3, estará dispoñible en capacidades de 32 e 64 GB, a súa cámara traseira ten uns esaxerados 21,16 Mpíxeles (cun flash circular de dobre ton), mentres que a cámara frontal confórmase con 5 Mpíxeles, a súa batería sería de só 2.560 mAh con carga rápida mCharge 3.0, o seu grosor quedaría en 7,25 milímetros e o seu peso en 160 gramos.
Un dos factores máis coidados do terminal é o seu deseño, cun corpo metálico dispoñible en tres cores distintas e con bordes redondeados. Tamén integra 3D Press (tecnoloxía semellante ao 3D Touch de Apple), mTouch (lector de pegadas dixitais), mSound (altofalante inferior de grande potencia e calidade) e porto USB-C (que presume de poder transferir até 1 GB en 10 segundos).
Pero temos que lembrar que estamos ante un smartphone chinés, cunha distribución bastante limitada, pero que será máis que suficiente para moitos usuarios bastante esixentes, especialmente polo seu prezo, que partiría dos 2.499 iuans (341,36 euros) para o modelo de 32 GB (mentres que o modelo de 64 GB custaría 2.799 iuans, uns 382 euros).

O Meizu PRO 6 venderas en cor ouro, gris e prata

PUBLICIDADE