O MacBook Pro de 13 polgadas renóvase dicindo adeus ao teclado de bolboreta
luns, 4 de maio do 2020
O pasado novembro Apple
renovou o seu MacBook Pro de maior tamaño, que agora pasaba a contar cunha
pantalla de 16 polgadas e Magic Keyboard (dicindo adeus ao problemático teclado
de bolboreta), e en
marzo fixo o mesmo co MacBook Air, de xeito que no mercado quedaba un
MacBook Pro con pantalla de 13 polgadas sen actualizar, situación que
finalmente solucionan cunha renovación na que entra en xogo o Magic Keyboard,
dóbrase a configuración de almacenamento en todas as configuracións estándar e
incorpóranse procesadores Intel de 10ª xeración.
O novo MacBook Pro de 13
polgadas presume dun rendemento gráfico até un 80% máis rápido, até 32 GB
de RAM, até 4 TB de almacenamento SSD cunha velocidade de até 3 GB/segundo,
pantalla Retina con tecnoloxÃa True Tone, Magic Keyboard, Touch Bar, Touch ID e
Thunderbolt 3 (con soporte para gráficas externas e monitores 6K) nun formato
compacto e lixeiro (pesa menos de 1,4 quilogramos) e unha autonomÃa de até 10
horas de navegación web.
Este novo equipo está dispoñible
por un prezo que parte dos 1.499 euros para unha configuración base cun procesador
Intel Core i5 de 8ª xeración a 1,4 GHz, 8 GB de RAM e 256 GB de almacenamento
SSD, mentres que a versión base máis completa contarÃa cun procesador Intel
Core i5 de 10ª xeración a 2 GHz, 16 GB de RAM e 1 TB de SSD por 2.379 euros,
configuración que pode mellorarse até un procesador Core i7, 32 GB de RAM e 4 TB
de SSD, o que situarÃa o seu prezo en 4.379 euros.
Un dos detalles máis relevantes deste lanzamento é que supón a despedida
definitiva do teclado de bolboreta nos equipos de Apple, desbotando unha
tecnoloxÃa que tras 3 xeracións non conseguiu deixar de provocar fallos en
numerosos equipos.