O MacBook Air faise máis portátil
mércores, 20 de outubro do 2010
O MacBook Air sempre destacou por
ser un equipo lixeiro e compacto, converténdose no máis semellante a un
ultraportátil que tiña Apple no seu catálogo, e agora renóvase para avanzar na
mesma dirección, de xeito que agora, aparte dun modelo con pantalla de 13,3
polgadas cunha resolución de 1.440 x 900 pÃxeles temos agora un con pantalla de
11,6 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 pÃxeles, que mide 0,3-1,7 x 29,95
x 19,2 centÃmetros e pesa 1,06 quilos, de xeito que incluso serÃa máis lixeiro
que boa parte dos ultraportátiles que actualmente hai no mercado.
Entre as grandes novidades dos novos
MacBook Air estarÃa a eliminación do disco duro a favor dun almacenamento
baseado en memoria Flash (aÃnda que non en forma de unidades SSD como é
habitual noutros equipamentos informáticos, senón que coma memorias NAND), a
incorporación dun segundo porto USB 2.0 e tamén o prezo, que parte agora de 999
euros.
O modelo máis básico, co prezo mencionado, serÃa o MacBook Air con pantalla de
11,6 polgadas, procesador Intel Core 2 Duo a 1,4 GHz, 2 Gb de memoria, 64 Gb de
almacenamento, tarxeta gráfica nVIDIA GeForce 320M e ata 5 horas de autonomÃa,
que sube a 1.149 euros se optamos por un almacenamento de 128 Gb. O modelo de
13,3 polgadas parte cun procesador Intel Core 2 Duo a 1,86 GHz, 2 Gb de
memoria, 128 Gb de almacenamento, tarxeta gráfica nVIDIA GeForce 320M, ata 7
horas de autonomÃa e un prezo de 1.299 euros, que subirÃa aos 1.599 euros de
optarmos por 256 Gb de almacenamento.