O MUVI organiza exposicións experimentais con música en directo

martes, 27 de xullo do 2021 Marcus Fernández

O Museo do Videoxogo de Cangas está a presentar unha interesante iniciativa chamada Música e Videoxogos que estrearase cun par de concertos en setembro-outubro, con música en directo e algunhas das pezas máis importantes da historia dos videoxogos interpretadas ao piano por Andrea García González.
Estes recitais serán en dous museos: o primeiro, o 2 de setembro, no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) coincidindo coas Xornadas Videoxogos e Literatura da Fundación Carlos Casares; sendo a segundo cita no propio Museo do Videoxogo, o día da súa reapertura continua indefinida en Cangas.
Este proxecto desenvolvido pola Fundación Museo do Videoxogo en colaboración con Iago Gordillo Recuncho Gamer, pretende achegar música de videoxogos á sociedade galega, en contexto expositivo, cun enfoque marcadamente cultural e cunha formulación pioneira en Galicia.

PUBLICIDADE