O Logitech Flight System G940 engade realismo aos simuladores de voo

mércores, 3 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Nuns días nos que os videoxogos centran a información tecnolóxica grazas ao E3 non podía faltar o anuncio dalgún tipo de periférico para o ordenador, e entre tipo de dispositivos destacamos o Logitech Flight System G940, que sería un completo conxunto de controis para simuladores de voo. Estes periféricos están inspirados nos mandos de avións e helicópteros tanto comerciais coma militares, e están compostos por un joystick con force feedback, dobre acelerador e unha panca de temón.
Conéctase ao PC por USB, conta con numerosos botóns programables, é compatible coa meirande parte dos simuladores de voo para PC (incluíndo o Microsoft Flight Simulator X, IL-2 Sturmovik: 1946 e Lock On: Modern Air Combat X-Plane 9) e todo cun realismo impresionante polo que haberá que agardar ata setembro, cando sairá á venda por uns 279 euros.


Presentación do Logitech Flight System G940

PUBLICIDADE