O Liceo Casino acolle unha exposición de imaxes creadas con IA
venres, 11 de xullo do 2025
O Liceo Casino de Pontevedra acolle estes dÃas a exposición Resurrección: Elohim IA, unha mostra que convida a reflexionar sobre as representacións relixiosas e espirituais a través de imaxes creadas con intelixencia artificial. A proposta do artista pontevedrés Elohim IA, explora distintas iconografÃas do cristianismo e doutras tradicións relixiosas mediante ferramentas dixitais.
A exposición inclúe creacións hiperrealistas baseadas en iconas tradicionais reinterpretadas desde unha estética contemporánea e tecnolóxica. Entre as pezas destacan versións dixitais de figuras como Xesús ou MarÃa, asà como representacións inspiradas en mitos relixiosos e elementos simbólicos do Antigo Exipto. Algunhas obras inclúen interaccións dixitais mediante códigos QR que permiten visualizar animacións ou recreacións tridimensionais das pezas.
A proposta tamén incorpora elementos narrativos que percorren supostos momentos simbólicos da historia espiritual da humanidade, estruturados en distintas eras, como a de Pisces ou a de Acuario, conceptos tomados da astroloxÃa esotérica. A exposición está organizada como un itinerario que mestura referentes culturais, relixiosos e filosóficos con discursos sobre o transhumanismo e a tecnoloxÃa.
VÃdeo no que podemos ver a exposición
