O Lenovo Vibe Z contará cunha cuberta cunha fiestra para amosar información
martes, 12 de novembro do 2013
Lenovo está a dar a coñecer o que será o seu novo smartphone Vibe Z (modelo
K910) que funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 800 a 2,2 GHz, gráfica
Adreno 330 e 2 Gb de RAM, que goza dunha grande pantalla IPS Full HD de 5,5
polgadas, cámaras de 13 MpÃxeles (con dobre flash LED) e 5 MpÃxeles (grande
angular) e espazo para 2 tarxetas SIM, que presumirá dun grosor de só 7,9
milÃmetros e dunha funda protectora para a súa pantalla que presenta unha
fiestra na que o dispositivo pode amosar información como a hora e a predición
meteorolóxica pese a estar a tapa pechada (semellante á que xa está dispoñible
para o Samsung GALAXY S4).
Este interesante smartphone ten na súa cámara
fabricada por Sony un dos seus puntos fortes, sendo capaz de disparar ata
10 imaxes por segundo e contando con tecnoloxÃa que busca conseguir unhas
mellores imaxes baixo pouca luz. Descoñécese o prezo que terá este smartphone,
pero Lenovo tennos afeitos a prezos bastante axustados para elevadas
prestacións (aÃnda que os seus móbiles só gozan de sona en mercados asiáticos).
- A cuberta do smartphone non impedirá que poidamos consultar a hora ou a predición meteorolóxica