O LG X power2 terá unha baterÃa capaz de aguantar toda a fin de semana
martes, 9 de maio do 2017
LG está a anunciar que este mes comeza a distribución
norteamericana do seu novo
smartphone LG X power2, terminal que logo chegará a Europa, e que céntrase
nunha das grandes esixencias de boa parte dos consumidores: a baterÃa. Este
teléfono pretende poder aguantar sen problema toda a fin de semana cunha única
carga, para o que está equipado cunha xenerosa baterÃa de 4.500 mAh, o que sumado
á súa pantalla de 5,5 polgadas cunha resolución de só 1.280 x 720 pÃxeles
(elemento que contribúe a un reducido consumo) permitirÃa ver vÃdeo até 18
horas seguidas.
O LG X power2 tamén coida as súas cámaras, contando cunha cámara traseira de 13
MpÃxeles, que presume de disparar instantáneas sen retardo e de contar cun
flash LED suave (para coidar as imaxes con pouca luz sen engadir reflexos moi
fortes); e unha cámara frontal de 5 MpÃxeles con grande angular (para facilitar
as fotografÃas de grupo).