O LG U é a nova proposta de gama media de LG
venres, 28 de outubro do 2016
A emerxencia dos fabricantes chineses pon nunha situación
moi complicada aos coreanos, pero tamén saben reaccionar con terminais de gama
media con boas prestacións e prezo axustado como o LG U, que será un
novo smartphone cun procesador MediaTek 6753 de 8 núcleos, 2 GB de RAM e 32 GB
de almacenamento interno que sorprende por vir equipado cunha pantalla IPS Full
HD de 5,2 polgadas, de xeito que consegue unha imaxe magnÃfica sen ter que optar
por un tamaño moi grande.
Este novo teléfono tampouco queda curto en cámaras, con 13 MpÃxeles na súa
traseira e uns xenerosos 8 MpÃxeles na cámara frontal. Tamén integra unha
baterÃa de 3.000 mAh, funciona con Android 6.0, o seu grosor é de 7,7 milÃmetros
e pesa 135 gramos. Estará dispoñible con carcasa en negro, branco e rosa e polo
momento sábese que o seu prezo en Corea do Sur será de 396.000 wons (313,96
euros)