O LG Q6 incorporará pantalla FullVision
martes, 11 de xullo do 2017
Cando
LG presentou o seu novo smartphone insignia no Mobile World Congress de
Barcelona destacou
a súa pantalla FullVision de 5,7 polgadas, que tiña unha rechamante relación de
aspecto de 18:9 (ou 2:1), e agora quere levar tal prestación aos teléfonos
de gama media, concretamente á familia LG G6, composta polos terminais Q6+, Q6
e Q6α con 4GB de RAM e 64 GB de almacenamento, 3 GB de RAM e 32 GB de
almacenamento e 2 GB de RAM e 16 GB de almacenamento respectivamente.
Os novos LG Q6 contan con pantalla Full HD+ de 5,5 polgadas (ou sexa, cunha
resolución de 2.160 x 1.080 pÃxeles), funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon
435, integran cámaras de 13 e 5 MpÃxeles, teñen Wi-Fi N, Bluetooth 4.2, NFC, e USB
2.0, a súa baterÃa integrada é de 3.000 mAh, corren Android 7.1.1 o seu grosor
é de 8,1 milÃmetros e o seu peso de 149 gramos.
O seu deseño busca salientar a súas atractivas curvas, o smartphone está
protexido por un marco metálico e para o seu desbloqueo rápido conta cunha
tecnoloxÃa propietaria de recoñecemento facial. Chegará ao mercado asiático o
mes que vén, e pouco despois verémolo en Europa.
VÃdeo no que podemos ver o deseño do LG Q6