O LG Q Stylus preséntase como un móbil asumible con lapis dixitalizador
mércores, 6 de xuño do 2018
Os
amantes dos smartphones con lapis dixitalizador teñen como principal opción o
Samsung Galaxy Note8, produto fóra do alcance de moitos consumidores por mor de
estarmos ante un teléfono de alta gama, pero existen alternativas máis
económicos como os novos LG
Q Stylus, familia de móbiles de gama media que en tres configuracións
diferentes busca adaptarse ao peto e as necesidades dun amplo abano de
consumidores.
O LG Q Stylus funciona cun procesador de 8 núcleos a 1,5 GHz, ten unha pantalla
de 6,2 polgadas cunha resolución de 2.160 x 1.080 pÃxeles, Wi-Fi N, Bluetooth
4.2, NFC, USB-C, radio FM, lector de pegadas dixitais, protección contra o po e
a auga (IP68), baterÃa de 3.300 mAh con carga rápida, sistema operativo Android
8.1, un grosor de 8,4 milÃmetros e un peso de 172 gramos que presenta 3 configuracións
de memoria e cámaras diferentes. Temos asà o LG Q Stylus+ con 4 GB
de RAM e 64 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de
até 2 TB) cunha cámara traseira de 16 MpÃxeles e unha frontal de 8 ou 5
MpÃxeles con super grande angular; o modelo LG Q Stylus reducirÃa a RAM a 3 GB
e o almacenamento interno a 32 GB de ROM; e finalmente o LG Q Stylusα
baixarÃa tamén a cámara traseira a 13 MpÃxeles e a cámara frontal a 5 MpÃxeles.