O LG P330 emerxe en Corea como un portátil potente e delgado

luns, 7 de novembro do 2011 Marcus Fernández

O Macbook Air revolucionou o sector do ordenadores portátiles, e agora os equipos da competencia tamén buscan combinar potencia, deseño e portabilidade, o que parece ter acadado o LG P330, un portátil semellante aos ultrabooks promovidos por Intel, que ve a luz en Corea do Sur a un prezo de 1.364.000 wons (887,41 euros), o que resulta bastante axustado para un ordenador con pantalla de 13,3 polgadas de 4,5 milímetros de grosor (cunha resolución de 1.366 x 768 píxeles), procesador Inter Core i5 2435M a 2,4 GHz, 4 Gb de RAM (ampliable a 8 Gb), unidade SSD de 40 Gb (para o sistema operativo), disco duro de 640 Gb a 5.400 rpm (para almacenamento de datos), gráfica nVIDIA GeForce GT 555M, saída HDMI, USB 3.0, batería de 6 celas que achega unha autonomía de 6 horas e media e un peso de 1,7 quilogramos. Sen dúbida, un ordenador moi atractivo, cunhas prestacións moi competitivas, que agardemos que chegue pronto ao mercado europeo.

O LG P330 anúnciase como un equipos potente, delgado e compacto.

PUBLICIDADE