O LG Optimus L3II déixase ver no Mobile World Congress
mércores, 27 de febreiro do 2013
LG amosou hoxe en Barcelona o novo smartphone Optimus L3II,
dentro da segunda
xeración da familia Optimus L, que pretende manter a liña do Optimus L3,
cun deseño sen fisuras, un contorno cortado con láser, un deseño traseiro
radiante e un botón de inicio con iluminación LED, aparencia caracterÃstica que
dotou de identidade a esta liña de dispositivos que agora chegan con maiores
prestacións, entre as que é principalmente de agradecer unha maior autonomÃa.
O LG
Optimus L3II chega en 4 cores (negro, branco, rosa e titán), con pantalla IPS de 3,2 polgadas cunha resolución de 320 x
240 pÃxeles, procesador a 1 GHz, 512 Mb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno,
cámara de 3 MpÃxeles, baterÃa de 1.540 mAh, un grosor de 11,9 milÃmetros e
sistema operativo Android 4.1.2.
Tamén gozará do software especÃfico de LG, con aplicacións como QuickMemo, que
agora ofrece unha función de transparencia, de xeito que permite tomar anotacións
nunha capa que facilita ver outra aplicación de fondo, eliminando a necesidade
de partir a pantalla en dous para poder apuntar o que aparece noutra
aplicación.