O LG Gram renóvase en 2018

xoves, 14 de decembro do 2017 Marcus Fernández

LG leva uns anos cun ordenador portátil moi destacable no seu catálogo, o LG Gram, que ano tras ano actualízase para atender á demanda de usuarios que buscan equipos informáticos lixeiros e potentes cun deseño coidado. Cumprindo coa tradición, LG levará ao CES de Las Vegas o novo modelo de LG Gram, que mantén a súa delgadeza incrementando potencia e autonomía grazas aos novos procesadores e a novas xeracións de batería, destacando por contar con versións con pantallas de 13,3 e 14 polgadas (co mesmo tamaño exterior, xa que o incremento de tamaño de pantalla conséguese reducindo os marcos) e de 15,6 polgadas.
Os novos LG Gram poderán equiparse con procesadores Intel Core i5 e i5 de 8ª xeración, almacenamento SSD e batería de 72Wh (con autonomías de até entre 19 e 22,5 horas en función do tamaño de pantalla), que consegue iniciar en menos de 10 segundos. Tamén supera as probas de resistencia MIL-STD 810G para impactos, presión e temperatura grazas ao seu corpo de alixe metálica de magnesio nano carbono.
Adaptándose ás tendencias do mercado, os LG Gram de 2018 tamén terán como opción pantalla táctil, lector de pegadas dixitais e Thunderbolt 3.

O LG Gram de 2018 chegará con pantallas de 13,3, 14 e 15,6 polgadas

PUBLICIDADE