O LG G8 ThinQ terá recoñecemento facial cunha revolucionaria cámara frontal

xoves, 7 de febreiro do 2019 Marcus Fernández

LG ten por costume anticipar moitas das tecnoloxías que integrarán os seus vindeiros lanzamentos, e tras a celebración do CES en Las Vegas tócalles iniciar a tempada do Mobile World Congress de Barcelona, de aí que se poñan a adiantar detalles do futuro LG G8 ThinQ, smartphone que introducirá na súa cámara frontal tecnoloxía de Time-of-Flight (ToF).
Isto quere dicir que a cámara frontal do LG G8 ThinQ integrará un innovador sensor que realiza escaneados en 3D o que permitirá levar a un novo nivel a cámara que até o momento limitábase practicamente para facer selfies, e que agora servirá para identificar caras e tamén para mellorar a resposta da cámara, xa que recoñecerá o volume dos obxectos que ten diante, o que poderá ter grandes aplicacións para a realidade aumentada e a realidade virtual.
Coa tecnoloxía de ToF dende LG quixeron ofrecer un sistema de verificación seguro sen sacrificar as capacidades da cámara, conseguindo así un satisfacer dun xeito óptimo as demandas do público.

PUBLICIDADE