O LG G3 contará cunha funda con fiestra circular
xoves, 22 de maio do 2014
- A funda chegará ao mercado en 5 cores distintas
Adiantándose á presentación do LG G3 a semana que vén, o
fabricante surcoreano LG amosa hoxe o que será un dos seus accesorios de maior
utilidade, a funda
QuickCircle, que é a tÃpica funda protectora con tapa que integra unha
fiestra para facilitar prestacións básicas do smartphone sen ter que retirarlle
a protección da súa pantalla.
Esta funda terá unha fiestra circular que permitirÃa o acceso parcial á
pantalla do móbil para consultar a hora, realizar chamadas, enviar mensaxes de
texto, tomar fotografÃas e controlar a reprodución multimedia, á vez que chega
en cinco cores moi atractivas (negro, branco, ouro, menta e rosa). A funda
QuickCircle está deseñada para protexer os bordes do smartphone, facilitar un
agarre firme e incluso ser compatible cos sistemas de carga indutiva.
Para acentuar o deseño circular da súa fiestra, a funda integra un aro luminoso
a xeito de marco da súa fiestra, que se ilumina cando a funda se abre ou pecha
ou cando se recibe unha chamada ou unha mensaxe de texto.
VÃdeo de presentación da funda QuickCircle de LG