O LG Cookie chega coma un móbil con pantalla táctil e prezo moderado
luns, 10 de novembro do 2008
Os móbiles con grandes
pantallas táctiles para ver fotografÃas e vÃdeos son cada vez máis habituais, e
como non todos os usuarios quere empregalos para funcións avanzadas (como
navegar pola web) os fabricantes comezan a lanzar dispositivos de gama media
que collen só as funcións máis habituais para certo público e as entrega a un
prezo moderado, coma é o caso do LG KP500, que
pasará a coñecerse comercialmente coma LG Cookie
(galleta en inglés) e que será un terminal cunha aparencia moi atractiva
que se venderá libre por
249 euros.
O LG Cookie conta cunha pantalla
táctil de 3 polgadas cunha resolución de 240 x 400 pÃxeles, cunha interface de
uso moi intuitiva (que permite moverse polas súas distintas opcións cun único
toque), que posibilita a escritura de mensaxes de texto sen empregar o teclado
(valéndose de tecnoloxÃa de recoñecemento de escritura ou cun teclado QWERTY
virtual), pode editar fotografÃas coa súa plumiña (que se pode incrustar no
terminal), detecta a rotación para posicionar axeitadamente a súa pantalla e
conta tamén con sensores de movemento dos que poderá tirarse proveito en
distintos xogos.
Este novo teléfono que mide 106,5 x 55,4 x 11,9 milÃmetros e pesa 87 gramos,
conta cunha autonomÃa de 350 horas en espera e 3,5 horas en conversa, estando a
dispoñible para a súa compra en España.