O LG Band Play achega son e cámara de calidade á gama media
xoves, 25 de xuño do 2015
Unha boa cámara e unha boa reprodución musical non son
caracterÃsticas que só poida permitirse os usuarios de smartphones de alta
gama, e para os que buscan iso dende LG poñen esta semana á venda en Corea do
Sur por 394.800 wons (317 euros) o novo LG Band Play, un
teléfono de gama media que funciona con Android 5.1 e que sorprende
principalmente por integrar un altofalante de 1 watt (que presume dun son moi
nÃtido) e duns auriculares premium, de
xeito que serÃa ideal os que busquen escoitar música con este smartphone.
Outra prestación rechamante deste terminal é o seu modo Focus, que permite centrarnos no que esteamos a facer en cada
momento, evitando as distraccións de chamadas e notificacións, para o que o
dispositivo elimina as chamadas e os datos.
Este novo smartphone 4G ten unha pantalla de 5 polgadas cunha resolución de
1.280 x 720 pÃxeles, un procesador de catro núcleos Qualcomm Snapdragon 410, 2
GB de RAM, 16 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas
microSD), cámara traseira de 13 MpÃxeles con auto-enfoque láser, cámara frontal
de 5 MpÃxeles con grande angular, Wi-Fi N, Bluetooth 4.1 e NFC, pesa 126 gramos
e ten un grosor de 8,3 milÃmetros.
- O LG Band Play funciona con Android 5.1 e conta cunha pantalla de alta definición de 5 polgadas