O Joker e Harley Quinn estarán en PUBG

martes, 6 de novembro do 2018 Marcus Fernández

O xogo Fortnite atinou de pleno cando organizou un evento especial en colaboración co filme Avengers: Infinity War no que permitían adoptar a forma do titán tolo Thanos ao armarse co Guantelete do Infinito, e dende a competencia parecen ter tomado nota, e PLAYERUNKNOWN’S BATTLEGROUNDS (PUBG) tería chegado a un acordo con DC de xeito que en breve permitirá que os xogadores poidan adoptar a aparencia de dous dos personaxes máis populares do filme do Escuadrón Suicida: o Joker e Harley Quinn.
Polo momento non detallaron se estaremos nunha campaña especial protagonizada polas icónicas figuras xurdidas do universo de Batman, o seu limitaranse a un simple engadido estético. O que si dá a entender o vídeo promocional desta novidade é que só estará dispoñible na versión para PC e Xbox One do xogo, deixando fóra a dispositivos móbiles.

Vídeo no que anuncian que o Joker e Harley Quinn estarán presentes en PUBG

PUBLICIDADE