O Internet Explorer 9 estréase para Windows Vista e 7
martes, 15 de marzo do 2011
O navegador web
de Microsoft renóvase oficialmente, de xeito que xa é posible descargar
o Internet Explorer 9 na súa versión final para Windows Vista e Windows 7 (e
Windows Server 2008), deixando fóra ao
Windows XP (como signo da súa obsolescencia, o que deberÃa instar a moitos a mudar a
Windows 7) e estando dispoñible
en español e catalán (mentres que o éuscaro e o galego parecen ausentes
desta revisión).
A renovación do Internet Explorer supón unha considerable mellora para o
navegador web de Microsoft, que integra numerosas novidades como unha mellor
integración con Windows 7 (permitindo ancorar
páxinas web á barra de ferramentas, facer uso de Jump Lists e modificar o tamaño das fichas do navegador ao
arrastralas ao borde da pantalla), mellor soporte de HTML 5, unha interface
máis limpa (centrándose nas páxinas web) e unha mellora de velocidade ao facer
uso da aceleración por hardware que permiten os equipos informáticos.