O InnJoo One chega ao mercado a un prezo de 199 euros

luns, 29 de xuño do 2015 Redacción

InnJoo anunciou este luns a chegada ao mercado español do seu primeiro dispositivo intelixente, en palabras da empresa “un smartphone de altas prestacións a un prezo económico ao alcance de todos os petos”. Trátase, engade a compañía de Dubai , dun modelo de marco metálico e cristal tépedo traseiro que inclúe entre outras cousas dupla tarxeta SIM, pantalla de cinco polgadas e protección con tecnoloxía DragonTrail X Glass, amais de oito núcleos, cámara de 13 megapíxeles e un grosor de 6,9 milímetros. O InnJoo One, así se fai chamar o aparello, é o modelo estrela da casa.
O aparello vén equipado con Android 4.4.2 e en breve actualizará á versión 5.0 de Android Lollipop.
Segundo engaden fontes da empresa, a cámara dixital é un compoñente clave no novo aparello, por iso é polo que carreta unha cámara de 13 megapíxeles cun alto nivel de luminosidade (f/2.0) e vén dotada con HDR (High-DynamicRange), unha tecnoloxía que facilita a obtención de imaxes en mobilidade. Tamén incorpora un modo multidisparo co que podemos facer até 40 fotos de maneira continua. A cámara dianteira, pola súa banda, está pensada para os selfies, e por iso, para obtelos nas mellores condicións, o InnJoo One equipa un sensor de 5 megapíxeles con apertura f/2.4, e un ángulo de enfoque de 88 graos para que as autofotos de grupo, sinala a empresa, “non deixen a ninguén fóra”.
Á hora de almacenar información disporemos por unha banda de 16 GB (o que equivale aproximadamente a 3.000 fotos en alta resolución, dúas horas de vídeo en HD ou máis de 4.000 cancións en MP3) e pola outra da posibilidade de inserirmos un cartón micro SD de até 64 GB.
Na parte máis técnica inclúe un procesador de oito núcleos, concretamente o MediaTek MT6592 de 1,4 GHz e tecnoloxía de 64 bits. Ademais dispón dunha memoria RAM de 2 GB. O procesador Mediatek vén acompañado por unha GPU Mali 450MP. Á hora de falar de autonomía dicir que o InnJooOne dispón dunha batería de 2.600 mAh.
O terminal xa pode adquirirse por 199 euros.

PUBLICIDADE